| |
Apostamos por
- Unha cultura do espazo colectivo, de
acción e creación, que permita a promoción da cidadanía
consciente do valor do sentimento de comunidade.
- A democracia participativa, a través dun modelo
organizativo asambleario, aberto e horizontal, que dea protagonismo
ao individuo e ao mesmo tempo facilite a toma de decisións en
grupo.
- Unha análise crítica e construtiva
da realidade fomentando a transformación do modelo socioeconómico
vixente.
- A participación no contexto social, cultural
e político catalán e maila interacción
cos colectivos e movementos sociais no ámbito dos Països
Catalans. Fomentando, así mesmo, a súa lingua e manifestacións
culturais.
- O artellamento de novas redes de comunicación
e acción con grupos ou colectivos da Galiza, da Emigración
e do resto da Lusofonía.
Promovemos
A visibilización da identidade galega,
entendida en termos creativos e dinamizadores, non esencialistas, fomentando
a lingua e a cultura galegas nas súas distintas manifestacións.
Estes principios ideolóxicos foron debatidos e acordados despois
do proceso asambleario que levou á creación de Espazo Galego,
iniciado como resultado da Xornada de debate sobre a galeguidade en
Catalunya celebrada o 30 de abril do 2005 no Museu Marítim
de Barcelona.
–––
Se queres colaborar, participar ou manterte informado, escribe a espazogalego@gmail.com
|